U.D. 2: DISTRIBUCIÓN >Sistemas de venda > Libre servizo >Hipermercados > saber máis
 
 

Os hipermercados están perdendo cota de mercado, sobre todo no sector de alimentación, debido a un cambio sufrido na sociedade, con máis familias monoparentais e con menos fillos e con máis xente maior que vive soa. Durante os últimos anos os híper perderon 6,6 puntos, ata o 25,7%. Son os supermercados entre 400 e 2499 metros cadrados os que van gañando terreo.

Para instalarse en Galiza necesitan dunha licenza autonómica de apertura como instrumento para ordenar o desenvolvemento equilibrado do comercio. Antes de conceder unha licenza os Gobernos avalían a oferta comercial existente, a incidencia sobre o sistema viario, o emprego e a estrutura comercial na zona.

A superficie mínima de metros cadrados é de 2.500.

As grandes superficies presentan características que cómpre ter en conta de forma diferenciada. En Galiza contamos á data de referencia do 1 de xaneiro de 2001 cun total de 50 grandes superficies , entendendo como tales os establecementos cunha superficie de venda superior a 2.500 m 2 , dos que máis da metade, en concreto 26 deles, concéntranse na provincia da Coruña . A superficie de venda media deste tipo de establecementos presenta diferenzas nas catro provincias, pois mentres na Coruña e en Pontevedra teñen superficie de venda media superior ós 10.000 m 2 , nas provincias de Lugo e Ourense este mesmo tipo de establecementos teñen superficie de venda media inferior ós 4.000 m 2 ;

Tamén existen grandes diferenzas no tocante á superficie de venda neste tipo de establecementos por cada mil habitantes, que mentres na provincia da Coruña é de 303 m 2 , na provincia de Lugo é de 32 m 2 . (Fonte do I.G.E.)
   
ProgramaciónÍndiceGlosarioEsquema Volver