U.D. 2: DISTRIBUCIÓN >Sistemas de venda > Libre servizo >Hipermercados

Como resposta ó cambio experiementado pola sociedade coa incorporación da muller ó mercado laboral, o incremento dos ingresos familiares, a melloría nas vías de comunicación, etc. naceron os Hipermercados.

Estas grandes superficíes comezaron a construirse nas periferias das cidades.

Semellantes aos supemercados, pero con maior superficie de sala de vendas (dende 2.500 metros cadrados ata máis de 15.000). Incluso algúns chegan ós 40.000 contando cos aparcamentos.

O seu enorme surtido caracterízase por estar dividido en tres grandes departamentos: Alimentación, Fogar (en toda o seu uso) e vestido.

 

Nos últimos anos expandiron os seus servicios complementarios a garderías, servicios de restaurante e bar, asistencia técnica, axencias de viaxes, concesións de pequenos créditos de consumo, servicios de gasolineiras, etc.

Para atraer a atención do público, rodeáronse de pequenos establecementos comerciais especializados e de ocio, dando lugar aos grandes centros comerciais.

 
ProgramaciónÍndiceGlosarioEsquema Volver