U.D. 2: DISTRIBUCIÓN >Sistemas de venda > Libre servizo >Grandes almacéns
 
 

O gran almacén caracterízase por dispoñer dunha gran superficie de vendas, que pode superar os 10.000 m2.

Dispón de gran variedade de surtido organizado por departamentos, normalmente repartidos en varias plantas. Ademais de produtos tamén ofrecen servizos de Axencia de Viaxes, xestión de financiación de compras, etc.

O réxime de autoservizo facilita a elección por parte da clientela.

As campañas de animación e promoción son continuas.

Normalmente dispoñen de tarxeta de compra propia. Ultimamente esta tarxeta tamén pode usarse nas estacións de servizo ou gasolineiras para pagar o combustible.

Son considerados como establecementos de ocio, onde o consumidor ou consumidora non só vai mercar, senon a pasear e ver as novidades, por iso o seu horario é máis amplo que o horario laboral habitual.

Presta múltiples servizos: aparcamento para coches, atención á clientela, servizo de depósito de mercadorías, devolución do diñeiro si o cliente ou a clienta non están satisfeit@s, exposicións de produtos de fora da zoa, compra por Internet, etc

Debido ó gran número de empregados e empregadas e a calidade dos artigos que comercializa, os prezos soen ser relativamente elevados.

A súa localización soe ser nos centros das cidades.

Un dos exemplos mais significativos é "El Corte Inglés", situado en case que todas as cidades que sobrepasan os cen mil habitantes. En Galiza está implantado nas cidades de Vigo, Santiago e A Coruña
No exercicio 2003 gañou un 8,2% máis que o ano anterior, cunhas vendas de 14.056 millóns de euros en todas as empresas do grupo.
   
ProgramaciónÍndiceGlosarioEsquema Volver