U.D. 2: DISTRIBUCIÓN >Sistemas de venda > Libre servizo > Establecementos de desconto
 

Baixo a forma de comercio integrado, estes establecementos de desconto, ofrecen os seus artigos ao prezo máis baixo posible.

Inicialmente, os establecementos de desconto que aplicaban prezo baixos estaban especializados en electrodomésticos, fotografía ou radio, vendendo os seus artigos un 20% por debaixo do prezo habitual do mercado.

Caracterízanse pola súa política agresiva de prezos baixos, surtido reducido e alta rotación de produtos, o que permite obter unha alta rendibilidade do establecemento.

Como características dos establecementos de descontos podemos enumerar:

Gran volume nas compras para poder efectuar descontos nos prezos

Desenvolvemento de marcas propias

Redución ó mínimo de persoal con contratos moi curtos de tempo.

Locais austeros con escaso mobiliario e decoración

As referencias que se manexan son de alta rotación, normalmente o 50% en alimentación seca, 15% en líquidos e o resto en droguería e conxelados.

O eixo principal da competencia entre distribuidores/as é o prezo e será quen marque no futuro a evolución das distintas formas comerciais, das marcas propias e dos modelos de xestión das operacións e relacións coa industria.
ProgramaciónÍndiceGlosarioEsquema Volver