U.D. 2: DISTRIBUCIÓN > Sistemas de venda > Libre servizo > Cash& Carry
 

Son establecementos en réxime de libre servizo pertencentes ao comercio polo xunto (non comercio polo miúdo) . Métense neste apartado por ser os autoservizos dos minoristas. Estes establecementos son coñecidos polo seu nome angloxasón. Si o traducimos ó galego quere dicir "págao e lévao", que indica a característica do tipo de venda.

Neles poden realizar as súas compras @s comerciant@s o outros colectivos. En principio non poden acceder @s consumidor@s, pero hai casos, onde permiten a súa entrada coa condición de realizar unha compra con límite de importe mínimo.

 
Exemplos en Galiza, temos moitos, entre outros:
       

En Galiza o grupo Gadisa ten implantados ó longo de toda a xeografía galega 12 Cash IFA.

grupo Moldes ten un Cash “La Marina” en Pontevedra

 

O grupo Froiz, dispón de cinco Cash situados en Galiza e León, e norte de Portugal.

O grupo Vegalsa ten implantados en Galicia sete centros Cash Record

ProgramaciónÍndiceGlosarioEsquema Volver