GRUPO PESCANOVA, situado en Chapela-Vigo
   

Pescanova foi fundada en 1960 por José Fernández López, no porto de Vigo. Co paso do tempo Vigo foi medrando ata convertirse na maior cidade coa maior actividade industrial dentro do sector pesqueiro. Grazas as súas instalacións en terra, ós seus medios para o procesamento e a gran afluencia de peixe en todo o mundo, Vigo é hoxe o principal centro de distribución de peixe europeo.

Pecanova desenvolveu, dende os seus inicios, unha tecnoloxía inédita. A través desta tecnoloxía o peixe límpase, trocéase, ultraconxélase e empaquétase no momento da súa captura, a bordo dos buques factoría. Esto impide calquera deterioro ou perda das cualidades nutrictivas do produto. Foi debido a esta gran innovación que Pescanova conseguíu un rápido e sólido crecemento.

Actualmente, Pescanova é unha das principais empresas Galegas e, por volume de negocio, a maior empresa pesqueira de Europa, onde é líder na venda de produtos do mar. A súa posición mundial é a 5ª, por detras das compañías xaponesas Maruha, Nissui, Nichiro e Kyokuyo. Como última noticia, estuda comercializar pescado fresco coa súa marca.

       

http://www.pescanova.com

Pescanova é a cabeceira dun importante grupo empresarial, que inclúe as compañías do Grupo Pescanova e que teñen como fin principal a explotación industrial de todas as actividades relacionadas cos produtos destinados ó consumo humano ou animal, incluso produce, transforma, distribúe, comercializa e desenvolve outras actividades derivadas da principal ou complementarias tanto de carácter industrial como mercantil. Tamén participa en empresas nacionais ou estranxeiras.

Sociedades dependentes e multigrupo situadas en Galiza: Frinova, S.A. en Porriño; Banova, S. A. en Chapela-Vigo; Pescafresca, S. A. en Vigo; Pescanova Alimentación, S.A. en Vigo; Frigodis, S. A. en Vigo, Bajamar Séptima, S.A. en Arteixo-A Coruña; Novapesca Trading, S.L. en Chapela-Vigo; Insuíña, S. L. O Grove, Pes Austral, S. A. en Vigo e, Pesquera Vasco Gallega, S. A. en Vigo

A natureza das actividades destas empresas é a Extración e comercialización de produtos de pesca; o procesamento e a comercialización de produtos de pesca, o procesamento e comercialización de produtos alimenticios, a acuicultura e outros servizos.

ProgramaciónÍndiceGlosarioEsquema Volver