GRUPO INDITEX, situado no polígono industrial de Sabón, concello de Arteixo, a 12 km, da Coruña
   

Este grupo é un dos grandes éxitos empresariais das últimas décadas. Creado en 1985, a partir da cadea Zara, está fomado por 152 empresas e máis de 2.200 tendas repartidas por 55 países, que dan emprego a 45.000 persoas, das que 2/3 son traballador@s fix@s. Está en permanente evolución, de feito, na pasada reunión do 16 de decembro de 2004, Amancio Ortega, anunciou `@s seus directiv@s que o novo plano estratéxico marca un obxectivo para o ano 2008 de entre 3.500 e 3.600 tendas abertas. Páxina web: http://www.inditex.com/es

O 80% da facturación de Inditex realízse en Europa. O grupo ten tendas abertas en 25 países da UE. Do resto, un 12% correspóndese con Ameríca e o 8% restante repártese entre Oriente Próximo e Asia.

En 1991 creou a cadea Pull and Bear, de produtos básicos para home, un paso para abarcar un segmento máis do mercado. Neste mesmo ano Inditex mercou Massimo Dutti, un grupo español, pasando a ser propiedade do 100% do capital en 1995.

En 1998 abriu a cadea Bershka, dirixida a un público femenino máis xove que o de Zara.

En 1999 adquiríu Stradivarius como parte da política de ensanchamento do negocio para preparar a súa saída á Bolsa.

   
Amancio Ortega

Completa a súa oferta de prendas de vestir, actualmente, con dúas cadeas máis: Kiddy's Klass y Oysho.

A experiencia máis reciente é Zara Home, unha cadea de mantelerías, vaixelas e outros poroductos para o fogar, que xa conta con 51 tendas abertas.

Inditex é un fenómeno empresarial que é estudiado en moitas universidades do mundo, por xurdir da nada no ano 1963.

ProgramaciónÍndiceGlosarioEsquema Volver