GRUPO CARAMELO, ubicada no polígono industrial A Grela-Bens, de Coruña

30 anos de experiencia no sector textil. http://www.caramelo.com

Comezou no ano 1969 para lanzar ó mercado prendas impermeabilizadas de calidade.

No 1971, comezou a producir tres lineas masculinas: pantalóns Tommy Harrods, cazadoras Chelton e camisas Yale. En 1984 naceu a marca Caramelo, primeiro cunha colección para home e logo outra para muller, que se posicionaron con forza no mercado español.

Comercializa tres marcas especializadas: Caramelo, Nuevas Tendencias e CRMJ, en 27 países de todo o mundo. Así está presente, entre outros, en Bélxica, Holanda, Reino Unido, Portugal, Grecia, México, Xordania, Arabia Saudita, China ou Filipinas.

     

Na actualidade ten catro tendas de marca propias abertas en Madrid, Barcelona, Sevilla e Amberes. O groso da súa produción comercialízase en grandes superficies e mediante unha rede de 1.500 boutiques independentes en distintos países do mundo.

35.000 metros cadrados de superficie ocupan as instalacións de A Coruña. Neste espazo conta cun laboratorio para o control de materias e tecidos, no que se poden desenvolver patróns, cortes ou acabados perfectos. Todo un proceso industrial que Caramelo controla.

 

O seu equipo está formado por máis de 700 persoas. Aplica as novas tecnoloxías con aplicacións informáticas que lle permiten controlar a localización e calidade dunha prenda concreta en calquera momento da súa elaboración, ademais de avaliar cada artigo. Prevese que con esta nova ferramenta informática a capacidade de crecemento potencial de saída ó mercado se incremente nun 40%.

ProgramaciónÍndiceGlosarioEsquema Volver