SARGADELOS
   

A orixe da Cerámica de Sargadelos hai que remontala a 200 anos atrás, cando o ilustrado galego-asturiano Antonio Raimundo Ibáñez, ao que o pobo e os primeiros historiadores fixeron Marqués de Sargadelos, creou un complexo industrial que puxo en funcionamento a primeira siderurxia integral de España a finais do século. XVIII.

Ademais das múltiples tendas abertas en toda Galiza, na actualidade existen oito galerías de Sargadelos en Galiza e catro fóra dela: Cervo, O Castro de Samoedo, Santiago de Compostela, Ourense, Ferrol, Lugo, Vigo, Pontevedra, Madrid, Barcelona, Sevilla e Milano. Cada unha delas constitúe un verdadeiro punto de referencia nas cidades nas que se asentan. Máis alá da venda exclusiva das pezas, as galerías Sargadelos presentan diferentes facetas ao funcionaren tamén como librerías especializadas en libros galegos e organizadoras de exposicións artísticas ou divulgativas, presentacións de libros, recitais, conferencias e debates. Polo tanto, todas cumpren a misión de centros difusores da cultura galega.
     

O Establecemento comercial que Sargadelos ten na vila de O Grove chamado Lembranza, pode considerarse na categoría de Galería, xa que ademais da venda das pezas e libros especializados, realiza presentacións e exposicións de todo tipo.

http://www.sargadelos.com/ga/index.shtml

O seu logo:

ProgramaciónÍndiceGlosarioEsquema Volver