U. D. 16: EXECUCIÓN DO ESCAPARATE > RATIOS DE CONTROL
Unha vez realizado o escaparate, hai que controlar e valorar a súa eficacia. Esta eficacia pode ser valorada mediante índices. A valoración mediante índices implica fixar previamente un valor estándar para cada índice. Si un escaparate non consegue os valores fixados é malo, si os consegue é bo. A valoración definitiva obtense comparando os distintos valores recollidos no cronograma dos escaparates realizados durante todo o ano.
Índice de Atracción:
 
Valora o poder de atracción que pode ter o escaparate fronte ó público que circula por diante do mesmo.
Obtense mediante o cociente entre o número de persoas que paran e o número de persoas que pasan diante do escaparate.
 
 
Índice de interese:
 
Mide a capacidade de retención que ten o escaparate. Canto maior sexa o índice maior será o tempo que o público dedique a observar o escaparate.

Interpretación das letras das fórmulas:T = tempo total da parada de todo o público que pasa por diante do escaparate. t = Tempo medio de parada das persoas

     
Índices de motivación:  
Motivación por entrar no punto de venda: O resultado mídese polo cociente entre o número de persoas que entran no p.v. pedindo un artigo exposto e o número de persoas que paran ante o escaparate.
     
Motivación por comprar: Mídese dividindo o número de persoas que compran algún dos artigos expostos no escaparate entre o número de persoas que paran diante do escaparate.
Programación aula UD16Índice UD16Glosario UD16Esquema UD16Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas