U. D. 16: EXECUCIÓN DO ESCAPARATE > OBXECTIVOS > Público obxectivo
Si se segmenta o público obxectivo por idades, sexo ou modo de vida, resultará máis fácil idear a montaxe do escaparate.
Escaparates por Idades:
 
Infantís: son escaparates que requiren moita cor, movemento, materiais visualmente moi atractivos, con imaxes que se identifiquen coa súa vida cotiá.
 
Xuvenís: requiren elementos novos, marcas recoñecidas e ecolóxicas.
 
Adulta: escaparates prácticos, que se ofreza o produto no momento en que se require o seu consumo e cun valor de futuro.
 
Maiores: necesitan transmitir unha utilidade clara do produto, prezo axustado e garantía de compra
 
Anciáns: os produtos que se amosen deben de ser de manexo fácil, funcións básicas, prezos reducidos.
   
 
Escaparates por sexos:
 
Femininos: dar sensación dunha maior actividade intelectual, maior evocación de sentimentos, elementos de uso máis íntimo e con alta implicación persoal.
 
Masculinos: desafíos, actividade elementos externos, utilización individual como reflexo da imaxe ou de disfrute en equipo.
       
Modos de vida:
  Persoas soas independizadas: uso individual, diferenciación de Tribus
Persoas que forman parellas: hai que ter en conta as compras que realiza unha persoa da parella a outra.
  Persoas recen casadas: é necesario facer exhibición do novo estado social
 
Persoas casadas con fillos: depende de si os fillos teñen máis ou menos de cinco ou seis anos. Antes desa idade @ nen@ o merece todo e a partir desa idade o diñeiro non chega.
  Persoas xubiladas: responde á necesidade de gasto mínimo e disfrute máximo.
Programación aula UD16Índice UD16Glosario UD16Esquema UD16Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver