U. D. 16: EXECUCIÓN DO ESCAPARATE > OBXECTIVOS > Modelo de escaparate
 
Pódense clasificar en dous grupos os modelos de escaparates que se poden montar:
 
Monográficos:
 
Son os escaparates que amosan unha oferta centrada sobre un determinado produto.
  Exemplos destes escaparates son os dedicados a eventos que se producen durante o ano, como día da nai ou pai, etc., dedicados a un só tema como por exemplo libros de arte nunha librería, material escolar, bañadores, etc.
 
Este tipo de escaparates expóñense durante os períodos en que as vendas son máis reducidas, ou nos que hai que rotar unha maior cantidade de stock.
   
 
Xenéricos:
 
Nestes escaparates expóñense ó mesmo tempo diversidade de produtos, non están especializados nun tema en concreto como os monográficos.
 
Exemplos destes escaparates poden ser os de cambio de estación, os de rebaixas, os de ofertas, etc.
   
Programación aula UD16Índice UD16Glosario UD16Esquema UD16Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver