U. D. 16: EXECUCIÓN DO ESCAPARATE > OBXECTIVOS > Imaxe a transmitir
 
Unha vez elixido o modelo de escaparate, temos que pensar que imaxe queremos transmitir, tendo en conta dous aspectos: o produto e a política comercial da empresa. A través da imaxe que se transmite a través do escaparate o establecemento está comunicando o seu posicionamento no mercado, é dicir, está indicando cáles son os seus prezos, o tipo de surtido que ofrece e o seu estatus. Pódese realizar unha clasificación dos establecementos en dos grupos dependendo da imaxe que se queira transmitir:
 
Imaxe a transmitir de gama alta:
 

Isto quere dicir que hai que utilizar códigos de comunicación que permitan transmitir esta idea. Unha idea de prestixio de marca, normalmente produtos de prezos altos.

 

Para transmitir esta imaxe os prezos colócanse utilizando sistemas sofisticados como expositores de metacrilato para follas de prezos, presentadores de prezos, etc. Os prezos están escritos cun tamaño de texto suficiente para ser lidos, escritos a ordenador nun tipo de letra imitando ó manual, colocados normalmente no chan do escaparate, ó lado dos produtos expostos.

 
Este tipo de imaxe a transmitir require un escaparate con pouco produto e moita luza. O que se intenta resaltar é a marca, xa coñecida polo público obxectivo e dar a coñecer as novas tendencias.
   
 
Imaxe a transmitir xenérica:
 
Esta imaxe implica posicionarse no mercado mediante unha idea que transmita ó público a venda de produtos dirixidos a xente de tipo medio, normalmente produtos de prezos accesibles.
 

Para dar esta sensación, hai que colocar os prezos xunto aos artigos, facer os rótulos a man ou utilizar cartolinas acuñadas con distintas formas como explosión, frechas, etc. que chamen a atención.

  Este tipo de escaparates require unha luz uniforme e pode deseñar un escaparate con moitos máis produtos que os de gama alta.
 
Programación aula UD16Índice UD16Glosario UD16Esquema UD16Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver