U. D. 16: EXECUCIÓN DO ESCAPARATE > OBXECTIVOS > Desexo a provocar
 
Cando un escaparate produce n@ consumidor/a un impulso de compra, este pode vir dado por diferentes motivos. Cada motivo pode responder a múltiples razóns, que se poden agrupar en:
 
Escaparate que motiva o uso do produto:
 

Este tipo de escaparates deben presentar as calidades do produto antes e despois da venda. É un escaparate que da pistas e consellos de como utilizar as vantaxes do produto para disfrutar coa súa posesión.

   
 
Escaparate promocional:
 
Este é un escaparate limitado no tempo, que ten como función conseguir incrementar as vendas de determinados produtos, nese preciso momento, utilizando unha escusa que xustifique a súa promoción e faga entrar ó público.
       
Escaparate que promove o impacto visual:
 

Nestes escaparates trátase de primar a luz e a cor, o movemento, os elementos audiovisuais, como materiais impulsores do escaparate. Os produtos aparecerán moito máis atractivos e provocarán o desexo de posesión e compra.

Programación aula UD16Índice UD16Glosario UD16Esquema UD16Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver