U. D. 16: EXECUCIÓN DO ESCAPARATE > MEDIOS A UTILIZAR e ELABORACIÓN do BOSQUEXO
 

Os medios que se poden utilizar na montaxe dun escaparate (atrezos, material de decoración, ambientación, fondos, luces, etc) foron vistos na unidade didáctica anterior, polo que, neste apartado que corresponde a súa execución, a persoa responsable de crear o escaparate, deberá elixir cales son os recursos que vai empregar como soporte dos produtos e os que vai utilizar para decorar e ambientar o escaparate, tendo sempre presente que o artista principal deste pequeno escenario é o produto. Unha vez feito isto, o seguinte paso será realizar o bosquexo ou apunte do escaparate..

Bosquexo do escaparate:

O bosquexo, debuxo, maqueta a escala ou composición, permite ter unha dimensión da realidade o máis aproximada posible. Aquí é onde se aplica, os coñecementos da composición, da cromática, etc. adquiridos en unidades anteriores, para conseguir comunicar e dar corpo á idea de escaparate que se quere concibir.

Antes de realizar o bosquexo, será de gran utilidade coñecer as medidas do escaparate, ancho alto e profundidade, que permitirán realizar un pequeno plano de distribución dos elementos a escala.
Neste bosquexo, debuxo, maqueta ou composición, concrétanse os volumes, as cores e a iluminación.
Si o bosquexo faixe utilizando medios manuais, ou utilizando medios informáticos, hai que tratar de debuxalos a escala.  
Tratándose dunha maqueta a escala ou dunha composición, hai que procurar de que uns produtos non tapen a outros.
En calquera dos casos, é necesario a realización de varios bosquexos, debuxo, maquetas ou composicións, con desenvolvemento horizontal, vertical ou escalonado. Todos eles contarán con distintos niveis de profundidade.
Na súa elaboración hai que ter en conta as zonas máis visibles do escaparate, priorizando a colocación dos artigos en función da promoción que se lles queira dar.
Salvo excepcións motivadas pola necesidade de protagonismo por parte dalgún produto, os elementos máis grandes deberán situarse detrás e os pequenos diante, facilitando así a ordenación e transmitindo sensación dun surtido máis amplo.
No bosquexo indicaranse cales son os puntos de luz a nivel de chan, teito ou laterais e estimar a incidencia da luz sobre os produtos expostos.
Programación aula UD16Índice UD16Glosario UD16Esquema UD16Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas