U. D. 16: EXECUCIÓN DO ESCAPARATE > EXECUCIÓN > Seguridade > Protección
Tod@ alumno/a debe cumprir as normas de seguridade que se indican a continuación:
Calquera rotura, dano ou defecto producido sobre as instalacións, máquinas, etc. deben ser comunicados de inmediato ó profesorado.
   
Calquera ferida ou lesión, por leve que sexa, debe ser tratada de inmediato na caixa de urxencias polo persoal responsable.
   

O lugar ou posto de traballo debe manterse sempre limpo e ordenado, especialmente de graxas ou outros líquidos, ademais non se debe amorear ou deixar material fora dos lugares sinalados. Débese coñecer o funcionamento e radicación dos extintores. Nunca se debe apagar un incendio de orixe eléctrico con auga. Débense utilizar extintores de anhídrido carbónico ou de po.

   
Nos supostos onde se requira é obrigatorio o uso do equipo de protección persoal (gafas para traballos que podan ter perigo de proxección de partículas; máscara e luvas para a manipulación de chapas e pinturas; as luvas son de obrigado uso no caso de manexo de cargas punzantes, cortantes ou con arestas vivas; etc.,) revisar as ferramentas de traballo para asegurarse do seu correcto estado de uso. Está prohibido retirar as proteccións contra a proxección de partículas que dispoñen algunhas das máquinas (serra caladora, de disco, etc.)
   
Os enchufes e alargadeiras eléctricas deben ser inspeccionados periodicamente, revisando a funda protectora dos fíos e as conexións das clavixas. Débese evitar poñer estas máquinas sobre lugares húmidos. As tomas de corrente débense efectuar directamente coas clavillas normativizadas. Nos traballos con amoladoras, pulidoras, etc. o alumnado deberá manterse sempre fora do plano de rotación do disco. Baixo ningún concepto se deben tocar os fíoscondutores eléctricos nus. Nunca deberán manipularse as instalacións eléctricas, é tarefa do persoal especializado. O desconectar unha clavixa tirar da clavixa, nunca do cable.
   
Todas as ferramentas manuais deben permanecer perfectamente limpas, no momento de utilizalas, as mans deberán estar secas e limpas de graxas ou aceites que impidan a seguridade na suxeición. As ferramentas cortantes e punzantes manteranse debidamente afiadas e deberán carecer de rebabas. Cando non se utilicen estarán provistas de fundas protectoras para filos ou puntas.
Programación aula UD16Índice UD16Glosario UD16Esquema UD16Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver