U. D. 16: EXECUCIÓN DO ESCAPARATE > EXECUCIÓN > A perspectiva
 

A perspectiva é importante vista dende fora para lograr o impacto visual e vista dende dentro do propio escaparate para dotalo de profundidade. En escaparatismo manéxanse unha serie de elementos, que se indican a continuación, para conseguir esa perspectiva interna:

 
O TAMAÑO: Segundo a posición onde se coloque o obxecto ou o produto pode transmitir lexanía ou proximidade. Por exemplo, si se colocan os artigos máis pequenos ó fondo e os de maior tamaño nun primeiro plano estase creando unha sensación de lexanía. Si os colocamos ó contrario, créase unha situación de aproximación.
     
AS CORES: Na unidade didáctica dedicada ás cores xa se veu como as cores cálidas dan sensación de proximidade e as cores frías de lexanía.
     
A ILUMINACIÓN: Si se quere acercar algo ó público hai que utilizar unha cascada de luz por detrás do artigo, se polo contrario o que se pretende é alexar o artigo colocarase a cascada de luz diante do mesmo. Para illar un artigo só hai que concentrar un feixe de luz sobre o mesmo.
Programación aula UD16Índice UD16Glosario UD16Esquema UD16Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver