U. D. 16: EXECUCIÓN DO ESCAPARATE > EXECUCIÓN > Aspectos a ter en conta na montaxe
 
A continuación, indícanse unha serie de aspectos e rutinas a ter en conta unha vez rematada a montaxe do escaparate:
Cegamentos: É conveniente comprobar dende fora para asegurarse de que ningunha das lámpadas causa cegamentos que podan molestar ó público.
Prezos: Segundo a Lei do comercio hai obrigación de amosalos. Tamén é conveniente visualizalos dende fora para comprobar que son lexibles.
Carteis informativos: Os materias de decoración que podan estar relacionados co produto deben ter un cartel onde se indique "Produto decorativo. Non está a venda".
Formas de pagamento: É necesario ter á vista as aclaracións respecto a forma de pagamento (tarxetas que se admiten, etc.) e sistemas de finanzamento..
Horarios de apertura e peche: Convén ter presente no escaparate os horarios de apertura e peche. Algúns escaparates teñen gravada esta información no propio cristal.
Nome comercial e logotipo: É conveniente que estes datos estean colocados a altura dos ollos. Poden estar gravados no propio cristal, no fondo do escaparate ou suspendidos do teito, como xa se comentou en unidades anteriores.
Indicación da admisión ou non : Tanto para a animais domésticos como para fumador@s
Servizos que presta o establecemento: É unha relación que convén tela á vista
   
Programación aula UD16Índice UD16Glosario UD16Esquema UD16Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver