Unidade didáctica nº 14 : TÉCNICAS DE ESCAPARATISMO > ZONAS DO ESCAPARATE
Segundo estudos realizados non todas as zonas do escaparate teñen o mesmo impacto nas persoas que o visualizan. Dende este punto de vista podemos dividir o escaparate en forma horizontal e en forma vertical para ver cáles son as zonas que máis impactan á clientela e, poder priorizar a colocación dos produtos no escaparate, segundo nos interese a súa venda.
 
DIVISIÓN HORIZONTAL:
 
Na división horizontal podemos contemplar tres zonas con valores diferentes: A mellor zona é a baixa, cun valor do 69,3% do total do escaparate, a continuación a media cun 23,5% e, finalmente, cun menor valor, 7,2%, a zona alta.
 
DIVISIÓN VERTICAL:
  Na división vertical o escaparate tamén pode ser dividido en tres zonas: esquerda, centro e dereita. A mellor zona é a central (47% do total do escaparate), seguida da esquerda (28%) e por último á dereita (25%).
 
Programación aula UD14Índice UD14Glosario UD14Esquema UD14Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas