U.D. Nº 14 : TÉCNICAS DE ESCAPARATISMO > TÉCNICAS ESCAPARATISMO > Tipos de composición
 
Os tipos de composición máis usuais en escaparatismo son:
 
COMPOSICIÓN SIMÉTRICA:
 
Cando dividimos o escaparate, imaxinariamente, polo centro en sentido horizontal e vertical, expoñendo os produtos na mesma posición a un lado e a outro de ambos eixes.
 
Esta composición comunica sobriedade, serenidade, estabilidade, etc.
 
É adecuada para un tipo de artigos que reúnan esas calidades como firmas, xoierías, alta perfumería, etc.
     
COMPOSICIÓN ASIMÉTRICA:
 

Se dividimos imaxinariamente o escaparate, igual que no caso anterior, en sentido horizontal e vertical, pero neste último caso o eixe pode desprazarse cara á dereita ou á esquerda segundo nos interese máis.

 
Esta composición comunica dinamismo, xuventude, alegría, etc.
 
É adecuada para todo tipo de artigos.
 
Programación aula UD14Índice UD14Glosario UD14Esquema UD14Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver