U.D. Nº 14 : TÉCNICAS DE ESCAPARATISMO > TÉCNICAS ESCAPARATISMO > O espazo
A composición é a ordenación de elementos nun espazo determinado, como se dicía na súa definición. Este espazo físico pode ser o escaparate da fachada, unha vitrina, unha illa do interior do establecemento, etc.

Na relación fondo-figura, non hai dúbidas de identidade cando se dispón de profundidade. O efecto espacial acentúase na medida en que somos capaces de facer perceptible a profundidade. Así, podemos sinalar unha serie de factores que nos permiten distinguir entre fondo e figura:

A superficie: circundada é a figura e a circundante é o fondo. Na figura da dereita, podería ser o esquema dun corte en sección dunha escultura moderna. As protuberancias empuxan cara afora mentres o espazo circundante invade as concavidades. Prodúcese unha interrelación dinámica.
A figura: acentúase cando creamos contraste co fondo. As diferenzas facilitan a visión e a semellanza fan que as cousas resulten invisibles.
A Luz: capta a nosa atención, polo que se consideran figuras as superficies máis iluminadas.
A lei da simplicidade: aumenta o carácter da figura, é dicir, fai que sobresalga o máis posible.
O movemento: é un factor determinante xunto coa luz para distinguir a figura do fondo, facéndoa sobresaír.
Programación aula UD14Índice UD14Glosario UD14Esquema UD14Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver