U.D. Nº 14 : TÉCNICAS DE ESCAPARATISMO > TÉCNICAS ESCAPARATISMO > Equilibrio > O percorrido visual
 
No escaparate, o percorrido visual, iníciase no primeiro ángulo inferior, segundo a dirección do paso, saíndo polo superior oposto ó da entrada, formando unha diagonal ascendente ata que @ espectador/a atopa algún punto de interese, un "obstáculo" que lle faga deter a visión. Nesto inflúe tanto a cor como a iluminación, xa que a luz atrae ó ollo. Por esta mesma razón as cores luminosas atraen máis que as que non o son.
 

Outro elemento a ter en conta no percorrido visual son as liñas, que formando verdadeiros camiños visuais, conducen a vista d@ espectador/a ata onde máis interesa. Para potenciar este percorrido visual hai que conseguir:

Que os volumes ou obxectos que interesen destacar no escaparate, estean cércanos uns de outros. Por exemplo, no caso dunha zapatería, agrupar os zapatos cos seus complementos por semellanza de estilo, deseño, uso, etc.

Que a luminosidade da cor dos obxectos resalte sobre o fondo do escaparate.
A luz pódese utilizar como ponte neste percorrido visual. No caso da zapatería, podería iluminarse cada grupo de artigos indistintamente, facendo un percorrido luminoso.
Os manenquís tamén axudan a conducir a vista d@s espectador@s, utilizando a súa mirada.
 

Outro aspecto a ter en conta é o sentido da lateralidade, pola tendencia que hai nas persoas de ler de esquerda á dereita (dependendo da cultura na que nos atopemos). Hai que ter en conta que o lado do escaparate que primeiro chama a atención é o ESQUERDO.

Programación aula UD14Índice UD14Glosario UD14Esquema UD14Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver