U.D. Nº 14 : TÉCNICAS DE ESCAPARATISMO > TÉCNICAS ESCAPARATISMO > Definición da composición, o punto e a líña
 
 
DEFINICIÓN COMPOSICIÓN:
A composición dun escaparate ou dun punto frío ou quente no interior do establecemento é a técnica de ordenar armonicamente os elementos (punto, liña, forma, espazo, luz, cor...) nun espazo para conseguir o sentido de unidade conceptual.
 
O PUNTO:

En escaparatismo e dende o punto de vista óptico, o punto é alí onde se fixa a vista. O punto illado é por natureza estático, pero cando se asocia a outros puntos formando liñas, estas adquiren carácter dinámico.

 
A LIÑA:
Delimita os contornos, compón figuras, divide espazos. A súa percepción psicolóxica varía dunhas a outras, segundo a súa composición e forma, como podemos ver no cadro da dereita.
 
 
Programación aula UD14Índice UD14Glosario UD14Esquema UD14Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver