U.D. N º 14 : TÉCNICAS DE ESCAPARATISMO > FUNCIÓNS > Funcións escaparate
 
Un bo escaparate é o que cumpre coas tres funcións básicas:
 
Función estética: Debe introducirse perfectamente no contexto urbano. O escaparate que presenta de forma adecuada os produtos, está espertando o interese da clientela e suscitando o desexo de posesión do artigo exposto. Mediante as distintas formas, a cor e a luz, o escaparate atrae ó público. Cantas máis persoas se sintan atraídas máis persoas estarán interesadas en entrar, incrementándose a posibilidade de vendas.
Función informativa: Pon ó día ó público das últimas novidades, establecendo un contacto directo co público para informarlle ademais das calidades, prezos ou modalidade de uso dun determinado produto. Para iso na elaboración dos escaparates utilízanse carteis que indican as características do produto, o prezo e as ofertas
Función de venda: Mediante unha escenografía de gran impacto emotivo impúlsase @ consumidor/a a entrar no punto de venda. É un dos mellores vehículos publicitarios para as vendas por impulso de calquera artigo. Para que un escaparate venda por si mesmo é fundamental seleccionar adecuadamente tanto os artigos a expoñer como a forma de facelo.
Programación aula UD14Índice UD14Glosario UD14Esquema UD14Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver