Mercado y el Control Político en China - Algunhas Teses Principais
Xulio Ríos
Versión en gallego
Para citar
este artículo puede utilizar
el siguiente formato:
Xulio Ríos:
"10 Tesis sobre el
Mercado y el Control
Político en China"
en Observatorio de la
Economía y la Sociedad de
China Nº 04, septiembre
2007. Accesible a texto
completo en http://www.eumed.net/rev/china/
Portada del libro de Xulio Rios, recientemente publicado por la editorial La Catarata, Madrid, 2007 |
1. Iniciado
en 1978, o proceso de
reforma chinés exponse como
un exercicio de
transformación e
modernización do país, aínda
que excluíndo alterar a
natureza do réxime político,
cuxa forza esencial é o
Partido Comunista, quen
exerce o monopolio do poder.
O primeiro parece claro á
vista dos índices de
crecemento, e o segundo?
2. A partir de 1978, a
realidade de China, como
consecuencia da aplicación
da política de reformas,
cambiou moito en numerosos
aspectos, conforme a un
proxecto non do todo
definido e que se vai
construíndo e programando
por etapas. Non estamos ante
un proxecto acabado e a
orientación final dese
proceso, dependerá, entre
outros factores, da
correlación de forzas
interna.
3. A reforma aumentou o
poder de China e a súa
influencia no mundo, e tamén
orixinou, no interior,
profundas mutacións e
problemas, emerxendo novos
actores sociais e
importantes tensións de todo
tipo. A reforma ten máis dun
lado escuro e descoidado. A
falta de sensibilidade do
PCCh respecto dos problemas
sociais xerados nas últimas
décadas, constitúe unha
denuncia permanente que
contradi o seu proclamado
ideario emancipador.
4. O PCCh, sen deixar ao
carón a obsesión do
crecemento, concentra agora
boa parte da súa enerxía no
restablecemento dun certo
equilibrio perdido na
reforma, a propósito que
diso pode depender o seu
propio futuro político.
Trátase de promover, no
fundamental, medidas en
diversos campos que exclúen
cambios políticos
substanciais.
5. O atrevemento mostrado
polo PCCh á hora de innovar
nas esferas económicas ou
sociais, xeneralizando a
presenza do mercado ou as
diversas formas de
propiedade, non ten por que
darse á hora de promover un
cambio de réxime e, de
producirse, non ten por que
ser a consecuencia, polo
menos natural, deste
proceso.
6. O PCCh ambiciona manter o
rumbo político da reforma,
instrumentando e innovando
mecanismos de control en
todas as ordes, xa sexa no
económico (mantendo a súa
influencia directa nos
sectores estratéxicos),
político (rexeitando o
pluralismo e promovendo
limitadas reformas que lle
afiancen), social
(multiplicando a súa
presenza directa ou
indirecta, a través das
organizacións de masas),
ideolóxica (exercendo un
control absoluto dos medios
de comunicación e dando
reiteradas mostras de non
claudicación neste aspecto)
e na orde da seguridade
(subordinación directa do
aparello militar e
policial). Os novos actores
e poderes que xurdiron como
consecuencia da reforma
deben asumir o liderado do
PCCh e este aspira a
integralos nas súas propias
filas.
7. A pesar das forzas
liberadas, o PCCh aínda
mantén o control global do
proceso chinés, que entende
como un exercicio de
soberanía que debe aumentar
as súas posibilidades de
proxección. Esa soberanía é
unha das claves esenciais
que alertan da singularidade
da reforma, favorecida polo
pouso dunha milenaria
cultura que goza de crecente
presenza na linguaxe
política e afianza unha
vocación de subsistencia a
longo prazo que non se debe
desdeñar.
8. Fronte á hipótese dunha
evolución á taiwanesa
(culminando cun sistema
político internacionalmente
homologable no esencial), ou
a plasmación fáctica dunha
lenta socialdemocratización
á chinesa (xustificada polo
xiro social da reforma), a
posibilidade dunha longa
transición de resultado
incerto viría xustificada
por esa procura permanente
dun sistema adaptado ás
particularidades do país, o
que viría derivar nunha
especie de novo mandarinato
pilotado polo PCCh e baseado
no exercicio dun goberno
virtuoso e ao servizo da
cidadanía.
9. Ao PCCh espéralle unha
década decisiva na que o
rumbo do actual proceso
podería decidirse en función
das esixencias
internacionais nun marco de
interdependencia cada vez
máis acusado, e en función
das tensións internas que,
coa aparición de novas
forzas con proxección
política interior, podería
alentar debates antagónicos
e fragmentar o consenso que
hoxe caracteriza a formación
e xestión do seu discurso. A
clave nacionalista pode
servir de perigoso
aglutinante de reserva. O
PCCh se arroga a capacidade
última de preservar a
soberanía chinesa.
10. En política exterior,
cabe esperar de China,
adepta ao multilateralismo,
un comportamento globalmente
beneficioso, aínda que as
tensións, especialmente con
EEUU (sobre todo polo futuro
de Taiwan), tenderán a
aumentar. China é o gran
rival estratéxico de
Wáshington.